Andaina saudable: camiño do Louro en Tui o domingo 26 de maio
Este domingo 26 de maio pola mañá lévase a cabo o sexto percorrido do Circuíto de Andainas Saudables 2013 organizado polos concellos de Tui e Valença do Minho. Trátase dunha andaina de dificultade baixa que partirá do centro de Tui e percorrerá Guillarei e Rebordáns pola beira do río Louro durante 12 quilómetros e 3 horas, aproximadamente. Lembrade que hai moitas andainas programadas ata final de ano, as podedes consultar na imaxe da dereita.
Domingo 28 de maio, ás 10.00 no Paseo da Corredoira
Esta nova andainda sairá dende o palco da música no Paseo da Corredoira de Tui ás 10.00 (hora española) e contará coa participación, ademais dos habituais camiñantes destas andainas saudables, dos acompañantes dos participantes na II Eurocidade BTT. Como en outras ocasións, trátase dunha actividade gratuíta que non necesita inscrición pero si absoluta puntualidade.
Máis información
- Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables en facebook.com