Axudas para obter o permiso de condución para menores de 30 anos en 2013
A Consellería de Traballo e Benestar anuncia hoxe a través do DOG unha partida de axudas económicas para os galegos menores de 30 anos que queiran obter o permiso de conducción ou que o teñan sacado no que levamos de 2013. Estas axudas son de 250€ e para solicitalas hai que ter o Carné Xove. Esta axuda está supeditada á asistencia a un curso sobre condución segura que impartirá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para os bolseiros.
Solicitude de axudas a través de sede.xunta.es
Na web da Sede Electrónica da Xunta de Galicia tedes toda a información sobre o papeleo que teredes que entregar para solicitar a axuda. O prazo de solicitude comeza mañá 14 de maio e estará aberto ata o día 1 de outubro de 2013, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible (100.000€). Hai que ter en conta que para solicitar a axuda hai que ter permiso de condución clase B obtido a partir do 1 de xaneiro de 2013 ou obtelo antes do 15 de novembro de 2013. O aboamento da axuda realizarase despois da asistencia ao curso de educación viaria.
Máis información en xunta.es, DOG nº90, 13/05/2013, páxina 15605
Estoy interesada quiero saber los requisitos que piden
Hola Begoña, este artículo es de 2013 estas becas han finalizado.
Un saludo.