XXI Xornadas de Filosofía do 8 ao 10 de maio no Auditorio Municipal de Vigo
Esta semana celébrase unha nova edición das Xornadas de Filosofía de Vigo, levaranse a cabo no Auditorio Municipal desde hoxe 8 de maio ata o venres 10 baixo o lema “Albíscase unha nova etapa histórica? Claves para abordar o futuro”. Algunhas das ponencias previstas versarán sobre a crise actual, a universidade pública española, as reformas do mercado laboral e o desemprego, entre outras.
XXI Xornadas de Filosofía, con entrada de balde ata completar aforamento
Entre os conferenciantes estarán Francesc de Carreras, catedrático emérito de Dereito Constitucional da Universidad Autónoma de Barcelona; Antón Costas, catedrático de Política Económica na Universidad de Barcelona e Ubaldo Martínez Veiga, catedrático de Antropoloxía Social pola UNED. Despois de cada unha das seis conferencias abrirase un espazo de coloquio para debater os temas tratados.
Programación das XXI Xornadas de Filosofía
Mércores 8 de maio |
Xoves 9 de maio |
Venres 10 de maio |
16.30 Inauguración 17.00 Conferencia: A voltas coa idea dun progreso moral. Por Javier Muguerza 18.00 Coloquio 18.30 Descanso 19.00 Conferencia: Cara a onde vai a universidade pública española? Por Francesc de Carreras 20.00 Coloquio 21.00 Acto final |
17.00 Conferencia: O noso tempo. Por Jesús Mosterín |
17.00 Conferencia: As reformas do mercado laboral e o desemprego en España. A cronificación dun problema. Por Ubaldo Martínez Veiga |
Máis información
- Programa completo das XXI Xornadas de Filosofía
- O Auditorio Municipal de Vigo está na praza do Rei (MAPA)
Fonte: xornal.vigo.org