Novos cursos gratuítos de manipulación de alimentos da Concellería de Xuventude
A Concellería de Xuventude de Vigo vén de anunciar dous novos cursos para conseguir o título de manipulador de alimentos. Un deles se levará a cabo no Punto Xove en maio e o outro na Casa da Xuventude en xuño. Os cursos son de balde e están homologados pola Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Están dirixidos á mocidade ata os 35 anos empadroados en Vigo, hai 20 prazas para cada curso.
No Punto Xove (López de Neira, 27) o venres 31 de maio de 2013
- De 10:00 a 13:00
- Preinscrición dende as 10:00 do 20 de maio de 2013 na web de xuventudevigo.org
Na Casa Da Xuventude (López Mora, 31) o venres 21 de xuño de 2013
- De 10:00 a 13:00
- Preinscrición dende as 10:00 do 20 de maio de 2013 na web de xuventudevigo.org
Ao remate realizarase unha proba de avaliación e entregarase o certificado correspondente. Neste curso falarase de enfermidades transmitidas polos alimentos, perigos alimentarios, a persoa manipuladora de alimentos, hixiene de instalacións, equipos e procesos. limpeza, desinfección e desratización, seguridade alimentaria, lexislación alimentaria e etiquetado de alimentos.
Máis información en xuventudevigo.org
- Casa da Xuventude 986 294 806
- Punto Xove 986 223 004