Obradoiro de reciclaxe de ordenadores en maio na Casa da Xuventude
A Concellería de Xuventude acaba de anunciar un obradoiro de reciclaxe de equipos electrónicos e informáticos no que se pretende que os participantes adquiran habilidades para a reciclaxe de equipos electrónicos e informáticos co fin de revalorizar medios obsoletos e mellorar a sostenibilidade medioambiental. Trátase dun curso gratuíto destinado a empadroados en Vigo entre os 16 e os 35 anos. Cada participante poderá traer os seu propio equipo informático para arranxar aínda que tamén haberá equipos informáticos no taller para aprender a polos en funcionamento, ademais será necesario traer algún desaparafusador de casa.
Días 15, 20, 22, 24, 27 e 29 de maio, de 18.00 a 20.00 na Casa da Xuventude
Como podedes ver é un curso bastante extenso e ocupará 14 horas, pero só hai 15 prazas ofertadas. A prescrición realizarase vía internet e por orde de chegada, cubrindo e enviando o formulario que se atopará a partir do día 6 de maio ás 10.00 na web xuventudevigo.org. Unha vez recibidas as prescricións necesarias para cubrir o curso as persoas admitidas recibirán un correo electrónico co resto das indicacións.
Os contidos a tratar neste curso teórico e práctico son: a localización de compoñentes defectuosos, a desmontaxe e montaxe dun ordenador, a actualización e mellora do rendemento dun ordenador instalando novos compoñentes a substitución de compoñentes en ordenadores portátiles, a instalación de dous monitores no mesmo ordenador, a optimización do rendemento en ordenadores portátiles mellorando a duración das súas baterías o formateo e instalación de sistemas operativos a mellora rendemento do sistema operativo, a optimización da navegación por internet, a configuración de sistemas de seguridade e a creación de copias de seguridade
Máis información
- Casa da Xuventude en López Mora, 31
- xuventudevigo.org
- 986 294 806