Redondela en Curto 2013 do 25 ao 28 de abril
Por noveno ano consecutivo celébrase en Redondela o festival nacional de curtametraxes Redondela en Curto. Durante catro días proxectaranse no Auditorio do Multiusos de Redondela 16 obras audiovisuais de corta duración agrupadas en 4 bloques, o prezo de cada bloque é de 3€, ademais disto contaremos coa actuación de Mwëslee na gala de inauguración e a proxección dunha longametraxe de ficción e un documental. Na Discotasca de Redondela está programada unha sesión especial con curtametraxes alternativas fora de concurso.
Programación Redondela en Curto 2013
Bloque 1
Aquel no era yo de Esteban Crespo (24 min) Anacos (Pedazos) de Xacio Baño (6 min) Loco con ballesta de Kepa Sojo (18 min) e Quiero de Bernat Gual (13 min)
|
Bloque 3 Ojos que no ven de Natalia Mateo (15 min) El nacimiento de Xavi Sala (13 min) Agua pasada de Agnès Guilbault (10 min) Nadie tiene la culpa de Esteban Crespo (14 min)
|
Bloque 2 De noche y de pronto de Arantxa Echevarría. (19 min) La cruz de Alberto Evangelio (9 min) El vendedor de humo de Jaime Maestro (6 min) e Koala de Daniel Remón (16 min)
|
Bloque 4 La boda de Marina Seresesky (12 min) El otro de Jorge Dorado (17 min) Velando a los muertos de Sebastián Álvarez (21 min) e Leo creciente de Rubén Mateo-Romero (9 min)
|
Na wen do festival redondelaencurto.com podedes consultar o programa completo de proxeccións. As entradas mércanse na propia taquilla do multiusos desde media hora antes de que comece cada sesión. A Sección Alternativa na Sala Discotasca na noite do venres 26 é de entrada libre.
Máis información