Actividades infantiles no image

Publicado el 23 de abril de 2013 | por Fer Martínez

0

II Festa da sementeira do millo en Matamá o 27 e 28 de abril

SEMENTEIRA 2013 PEQ

Esta fin de semana en Matamá lévase a cabo a festa de sementeira do millo, dúas xornadas adicadas á tradición e a cultura e tamén ao lecer e a diversión. Durante o sábado e o domingo poderemos achegarnos ao torreiro da festa de Matamá para desfrutar de concertos, humor, actividades tradicionais, artesanía e gastronomía. Entre as actividades destacamos a celebración das III Olimpiadas do Campo, con probas como lanzamento de boina e de sacho ou tiro da corda, ademais hai unha sección infantil para que os cativos non se perdan estas competicións.

Esta é a previsión de actividades da II Festa da sementeira

Sábado 27 Domingo 28
16.00 Olimpiadas do Campo (inscrición)

  • Modalidade adultos: lanzamento de biona, lanzamento de sacho, carreira de carretas por parellas, debrullar o millo, cabaleiros das cuncas por parellas e tiro da corda
  • Modalidade infantil: debrullar o millo, lanzamento de maiona e cabaleiros das cuncas por parellas

21.00 Monólogo: Pepo Suevos

22.00 Concerto: A Gaita Compaña

23.00 Concerto: Cuchufellos

10.30 Saída do carro do bois desde a praza de San Mauro11.00 Labranza tradicional12.00 Concerto: Os Catro Quintos14.00 Xantar Popular (previa inscrición)16.00 Grupo de bombos de Vila Praia a Âncora

17.00 Sementeira do millo feita polos nenos asistentes

Ademais das actividades programadas, no torreiro da festa contaremos con obradoiros tradicionais, postos de artesanía, gastronomía e produtos ecolóxicos, pulpeira, un zoo rural e unha mostra etnográfica.

II Festa da sementeira do millo no torreito da festa de Matamá (MAPA)

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑