Nova actividade do circuíto de andainas saudables da eurocidade Tui-Valença o 28 de abril
Dentro do programa de camiñadas saudables que os concellos de Tui e Valença do Minho teñen preparadas para este año poderemos desfrutar de rutas medioambientais guiadas gratuítas pola contorna de estas dúas cidades. A vindeira andaina é a cuarta e terá lugar o domingo 28 de abril, trátase da “PR-G2 Serra do Galiñeiro”, tendo como punto de encontro o aparcamento merendeiro do Monte Aloia ás 10.00 horas. Esta actividade é de balde e non é necesaria inscrición, só hai que ser puntuais e levar roupa e calzado axeitados para a actividade.
Domingo 28 de abril, ás 10.00 no monte Aloia
Para aqueles que non coñezan o punto de saída, ás 09.45 horas agardarase na gasolineira ao carón do Parador de Tui e logo partirase ao merendeiro do Monte Aloia. A camiñada é de 12 quilómetros e durará aproximadamente 3 horas. Na web do Concello de Tui podedes consultar a programación completa de andainas, que remata o 14 de decembro, hai camiñadas case todos os meses. Se queredes mantervos informados tamén podedes consultar Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables en facebook.
Máis información
- concellotui.org
- Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables en facebook.com