Obradoiro de iniciación ao fimo en Súbete ó Castro os días 3 e 10 de maio [PRAZAS CUBERTAS]
O espazo para a mocidade viguesa Súbete ó Castro segue a anunciar actividades e obradoiros para todos aqueles que queiran achegarse ao monte Castro a pasar unha tarde divertida. Para os venres 3 e 10 de maio teñen preparado un obradoiro de iniciación ao fimo. A inscrición para este obradoiro é totalmente de balde e xa está aberta, finaliza o 26 de abril.
Que é o fimo?
Chamamos fimo a un tipo de pastas para modelar, similares á plastilina que teñen a particularidade que se endurecen ao quentarse no forno a unha temperatura ao redor de 130ºC. Co fimo podemos facer toda clase de figuras: pequenos obxectos decorativos, elementos de bixutería, tales como pendentes, pulseiras, aneis, colares, etc.
Venres 3 e 10 de maio de 16.30 a 18.30
Para apuntarte tes que ter entre 13 e 35 anos e contactar con Súbete ó Castro a través de facebook mandando unha mensaxe privada, correo electrónico, no 986 485 541 ou pasando por alí persoalmente. Terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- De luns a xoves de 16.00 a 20.00
- Venres e sábado de 16.00 a 22.00
- Súbete ó Castro en facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org