Actividades infantiles no image

Publicado el 10 de abril de 2013 | por Fer Martínez

0

Programación cultural de primavera en Tomiño do 28 de abril ao 16 de xuño

programación primavera tríptico (1)-1 PEQ

Esta primavera a actividade cultural da vila de Tomiño está centrada no teatro, apóstase por seis grupos teatrais galegos, incluídos algúns da comarca e do propio municipio coma é o caso da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, que porá en escena dúas obras. Están programadas representacións para nenos e adultos e o prezo das entradas é de 3€ para as tres delas, o resto son de balde. A continuación podedes coñecer a programación teatral de Tomiño.

migallas_o_libro_maxico_1 PEQ

28 de abril, O libro máxico de Migallas teatro. Rosiña queda soa na casa e nun baúl atopa un libro vello. Tras as primeiras liñas empezan a pasas cousas estrañas.

  • Ás 18.30
  • Público infantil
  • Entrada de balde

neno labrego PEQ

11 de maio, Memorias dun neno labrego de Abrapalabra. Monólogo escénico-narrativa protagonizado por Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa publicación.

  • Ás 22.00
  • Todos os públicos
  • Entrada 3€

a vinganza da petra PEQ

18 de maio, A vinganza da Petra da compañía de teatro afeccionado Alio. Petra está casada con Manolo, home mullereiro e noctámbulo. Axudada polo pai, levará a cabo a súa vinganza: darllle celos.

  • Ás 22.00
  • Todos os públicos
  • Entrada de balde

dous son parella PEQ

25 de maio, Dous son parella de Acontrabutaca. Monólogos e sketches sobre as relacións de parella desde unha perspectiva cómica.

  • Ás 22.00
  • Maiores de 16 anos
  • Entrada 3€

gaivotas PEQ

1 de xuño, Gaivotas subterráneas de Alfonso Vallejo. Dous vellos amigos que se atopan participan xuntos nun cobro ilícito dun seguro de vida.

  • Ás 22.00
  • Maiores de 13 anos
  • Entrada 3€

escola municipal de teatro de tomiño PEQ

16 de xuño, O pano da avoa e O nacemento do dragón representadas polos nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro de Tomiño.

  • Ás 19.00
  • Público infantil
  • Entrada de balde

Esta programación inclúe tamén as exposicións Olladas de muller de Orlanda Gomes de Faria desde o 5 ata o 21 de abril e Imperfeccións de Xuxo Malone do 18 de maio ao 2 de xuño estarán nos espazos comúns do Centro Multiusos de Goián.

O Centro Multiusos de Goián está na Rúa de Pío Troncoso s/n (MAPA)

  • concellotomino.com
  • Concellería de cultura, deporte e mocidade: 986 622 001/03
  • Centro Multiusos de Goián: 986 622 988
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑