Obradoiro de rap en Súbete ó Castro os días 27 de abril e 4 e 11 de maio
Súbete ó Castro, o espazo para a mocidade que a Concellería de Xuventude ten no monte do Castro ten preparado un obradoiro de música para finais de abril e comezos de maio. Neste obradoiro poderedes achegarvos ao rap e o hiphop con sesións prácticas de composición e interpretación. Ademáis aprederedes a manexar ritmos, grabar e producir algún tema.
Sábado 27 de abril e 4 e 11 de maio de 19.00 a 20.00
O prazo de inscrición ábrese hoxe luns 8 de abril e rematará o día 22 de abril. Para apuntarte tes que ter entre 13 e 35 anos e contactar con Súbete ó Castro a través de facebook mandando unha mensaxe privada, correo electrónico, no 986 485 541 ou pasando por alí persoalmente. Terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- De luns a xoves de 16.00 a 20.00
- Venres e sábado de 16.00 a 22.00
- Súbete ó Castro en facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org