Conciertos no image

Publicado el 5 de abril de 2013 | por Fer Martínez

0

Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico en abril e maio

vigosonico salon de actos

O espazo Vigosónico da Concellería de Xuventude lanza de novo os seus cursos gratuítos de imaxe, son, música e informática. Este centro para a mocidade de Valladares ofrece 7 cursos diferentes e a matrícula ábrese o sábado 6 de febreiro. A maioría dos cursos comezan a mediados de abril ainda que algún comeza no mes de maio.

Nesta ocasión, como novidade ofrecen o curso básico de gravación, que vai dirixido prioritariamente aos grupos ou solistas que están a ensaiar nalgún dos locais da Concellería de Xuventude. A inscrición realizarase a través da web do Vigosónico, enchendo un formulario. As prazas outorgaranse por orde de chegada das solicitudes. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos. A continuación podedes ver os cursos ofertados:

PERFECCIONAMENTO PHOTOSHOP

  • 12 horas de duración
  • Xoves 18, 25 de abril e 2, 9 de maio
  • De 17.00 a 20.00
  • É necesario ter feito o curso de iniciación de Photoshop

CURSO BÁSICO DE GRAVACIÓN

  • 16 horas de duración
  • Venres 16, 26 de abril e 3, 10 de maio
  • De 16.30 a 20.30
  • Preferencia para as persoas que ensaian nos locais da Concellería de Xuventude

Folleto_Formación_Abril_2013 PEQ

INFORMÁTICA PARA TRABALLAR

  • 10 horas de duración
  • Venres 19, 26 de abril e 3 de maio
  • De 16.30 a 20.00

INICIACIÓN EDICIÓN DE VIDEO

  • 12 horas de duración
  • Sábados 20, 27 de abril e 4, 11 de maio
  • De 17.00 a 20.00

EDICIÓN DE FOTOGRAFÍA CON ADOBE LIGHTROOM

  • 4 horas de duración
  • Sábado 4 de maio
  • De 16.30 a 20.30

OBRADOIRO DE SON EN DIRECTO

  • 6 horas
  • Venres 26 de abril
  • De 16.00 a 22.00

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑