Cursos y talleres no image

Publicado el 2 de abril de 2013 | por Fer Martínez

0

Curso de iniciación á cociña en Nigrán do 16 de abril ao 2 de maio

restaurante queimada PEQ

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á cociña. O curso ten como obxectivo principal a adquisición de habilidades básicas entre os fogóns tanto para homes como para mulleres, pero facendo especial fincapé nos homes que non aprenderon a cociñar no seu momento e agora queren aprender.

Este obradoiro de cociña impartirase entre o 16 de abril e o 2 de maio, os martes e mércores de 17.00 a 19.30 nas instalacións do Hotel Restaurante Á Queimada, en Praza da Carrasca, Nigrán. Esta acción está enmarcada dentro do II Plan de Igualdade Municipal e o 60 % das prazas reservararanse para homes, coa finalidade de favorecer a corresponsabilidade na realización de tarefas domésticas. O coste total do curso é de 10€ por persoa e son 6 sesión, polo que o prezo e moi económico.

Inscrición e información

  • Centro de información á muller de Nigrán
  • Ctra. pola vía 65, antiga estación de tranvía, Panxón
  • 986 383 081

Fonte: nigran.es

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑