Aire libre no image

Publicado el 26 de marzo de 2013 | por Fer Martínez

0

Festa da Reconquista o 6 e 7 de abril de 2013

cartel RECONQUISTA 2013 PEQ

O venres pasado presentábase a programación da Festa da Reconquista, que se celebrará os próximos 6 e 7 de abril. Música, teatro, gastronomía e demostracións de artesanía entre outras actividades animarán nas dúas xornadas as rúas do Casco Vello, que acollerán a representación teatral da Reconquista o domingo pola tarde. A programación inclúe de forma complementaria á tradicional celebración tres exposicións en distintos puntos da cidade. A programación é a seguinte:

Sábado 6 de abril

  • 10.00 Apertura do mercado
  • 13.00 Teatro: actuación de Os Quinquilláns na Praza da Constitución
  • 18.00 Inauguración da festa na Praza do Berbés
  • 18.15 Representación da destitución da corporación da Vila de Vigo na Praza do Berbés
  • 19.00 Demostración de esgrima antiga na Praza do Berbés
  • 19.30 Teatro: actuación de Os Quinquilláns-Teatro na Praza da Constitución
  • 21.30 Concerto dos Terribles de Donas na Praza do Berbés
  • 23.00 Peche do mercado

Domingo 7 de abril

  • 10.00 Apertura do mercado
  • 12.00 Demostración de esgrima antiga na Praza do Berbés
  • 18.00 Representación teatral da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol (todos os asistentes estamos invitados a participar se imos vestidos de época)
  • 21.00 Concerto de Mel de Meiga na Praza do Berbés
  • 23.00 Peche do mercado

Plano da festa
preme para ampliar

Durante os dous días máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas ou xigantes e cabezudos. No tocante ás exposicións, a mostra de carteis presentados ao concurso neste ano estará na lonxa do Concello de Vigo ata o 8 de abril. A exposición “1809: o papel do home e da muller” estará na Casa Galega da Cultura tamén ata o 8 de abril e a mostra “Estampas de Galicia: colección de bonecas de Carmen Costas” poderá ser visitada ata o 7 de abril no Instituto Camões.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑