Obradoiro gratuíto de horta urbana na Casa da Xuventude durante abril, maio e xuño
Como cada tres meses, a Concellería de Xuventude lanza o seu obradoiro para aprender a coidar unha horta urbana. Trátase dun curso gratuíto destinado á mocidade viguesa ata os 35 anos. A horta na que se impartirá este obradoiro está nos exteriores da Casa da Xuventude, en López Mora.
Con esta actividade preténdese sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade, dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica, fomentar unha alimentación máis saudable e dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.
As sesións do obradoiro se farán en abril, maio e xuño de 2013. Son un total de 6 sesións de 4 horas cada unha nas que se combinará teoría e práctica. O horario será de 10.00 a 14.00 pero aínda non hai uns días sinalados para as actividades. O obradoiro é gratuíto e inclúe os materiais e ferramentas. De forma complementaria ao obradoiro haberá pequenas actividades de esqueirado, elaboración de marmeladas ou de colonias.
Preinscrición online a partir do 26 de marzo ás 10.00, por orde de chegada, cubrindo e enviando o formulario que se atopará na web xuventudevigo.org. Unha vez recibidas as prescricións necesarias para cubrir o curso as persoas admitidas serán contactadas por correo electrónico ou por teléfono para recibir o resto das instrucións.
Máis información
- xuventudevigo.org
- Casa da Xuventude (López Mora, 31) 986 294 806