Actividades infantiles no image

Publicado el 25 de marzo de 2013 | por Fer Martínez

0

Actividades para abril, maio e xuño na Biblioteca Xosé Neira Vilas

logo 2 trimestre neira-1 PEQ

A biblioteca pública Xosé Neira Vilas acaba de anunciar a súa programación para o segundo trimestre de ano, nela continúa con actividades que están a ter moito éxito como son as actividades infantís O sabadiño de Roque ou Entre arrolos e contiños ou os contacontos para adultos Contos dakí. Nos vindeiros meses celebraranse varias datas moi importantes relacionadas coa labor da biblioteca como son o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e o Día do Libro Infantil que terán as súas actividades especiais. Neste trimestre ademais levarase a cabo un obradoiro de escrita creativa e outro de comunicación oral.

O sabadiño de Roque

o sabadiño de roque PEQ

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia.

  • Sábado 20 de abril, 11 de maio e 8 de xuño ás 12.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • Inscrición a partir do día 15 do mes anterior
  • 35 nenos por sesión

Entre arrolos e contiños

arrolos e contiños PEQ

Os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

  • Sábado 6 de abril, 18 de maio e 15 de xuño ás 12.00
  • Actividade para nenos de 12 meses a 3 anos acompañados
  • Inscrición a partir do día 1 do mesmo mes da sesión
  • 30 nenos por sesión

A hora dos contos

a hora dos contos PEQ

Un proxecto de animación á lectura onde cada mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta.

  • Xoves 11 de abril, 9 de maio e 13 de xuño ás 18.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • 30 prazas, entrada libre ata completar aforamento

Contos dakí, contacontos para adultos

contos daki neira vilas

Algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas.

  • 25 de abril: Celso Fernández Sanmartín
  • 24 de maio: Paula Carballeira
  • 28 de xuño: Avelino González
  • O último venres do mes ás 19.30
  • Entrada libre

Mostras bibliográficas

letras galegas 2012 PEQ

A bilbioteca exporá unha selección co máis representativo do seu fondo bibliográfico relacionado con varios temas, os libros estarán a disposición de todas as persoas que se acheguen a biblioteca no seu horairo habitual.

  • Rosal/a V/go 150 a/os de Cantares Gallegos do 2 de abril ao 4 de maio
  • Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño do 6 de maio ao 1 de xuño
  • BOOM! Novela hispanoamericana do 3 ao 29 de xuño

Achégate á Internet: procura de emprego

Obradoiro de manexo básico na rede esta vez centrado na procura de traballo a través da Internet. Destinado a persoas con coñecemento de Internet maiores de 16 anos. Ensinarase a buscar emprego a través de portais webs especializados e a facer un perfil en redes socias profesionais. Do 6 de maio ao 1 de xuño.

  • 1ª quenda de 9.30 a 11.30
  • 2ª quenda de 12.00 a 14.00
  • 8 prazas por grupo
  • Inscrición a partir do 1 de maio

Día das letras galegas

1363780217biblioetcaneiravilas PEQ

A compañía teatral Fulano Mengano e Citano dará a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño.

  • Xoves 16 de maio ás 19.00
  • Público adulto
  • Ata completar aforamento

Obradoiro de escrita creativa

fco castro PEQ

Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dirixido polo escritor e editor Francisco Castro. Actividade para maiores de 18 anos.

  • Luns 13 e martes 14 de maio de 18.30 a 20.30
  • 15 prazas, inscrición a partir do 4 de maio

Obradoiro de comunicación oral

Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e impartido pola actriz Uxía Blanco. Actividade para maiores de 18 anos.

  • Luns 20 e martes 21 de maio de 18.00 a 20.30
  • 20 prazas, inscrición a partir do 4 de maio

Achégate á Internet Iniciación II

obradoiro internet PEQ

Proxecto de alfabetización dixital para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática ou Internet.

  • Do luns 17 ao venres 21 de xuño
  • De 10.00 a 12.00 (10 horas totais)
  • 8 prazas
  • Iinscrición a partir do 1 de xuño

Todos os obradoiros son gratuítos e as prazas adxudícanse por orde de inscrición, cada unha ten o seu prazo de solicitude propio. Podedes facer a vosa inscrición de forma presencial na bilbioteca, no correo bpneiravilas@vigo.org ou no teléfono 986 267 759.

A Biblioteca municipal Neira Vilas está en Martínez Garrido, 21

Fonte:xornal.vigo.org

Actividades xa pasadas

Obradoiro de hip-hop

dios ke te crew PEQ

Obradoiro de hip hop con motivo do día do libro baseado na vida e a obra de Rosalía de Castro impartido por Serxio Regos “García” do colectivo hip-hop Dios Ke Te Crew.

  • Martes 23 de abril ás 18.30
  • Para maiores de 12 anos
  • 15 prazas

Ola ríos, ola fontes

Trátase dunha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía e música.

  • Xoves 25 de abril ás 18.00
  • A partir de 3 anos
  • 30 prazas

Rosalía, unha meniña

rosalía meniña PEQ

Actividade de celebración do Día do libro Infantil. É a historia dunha nena chamada Rosalía, nada no rural galego de comezos do século XIX, que soubo sentir, soubo escoitar e soubo cantar nunha lingua de pobres que daquela non se escribía.

  • Martes 2 de abril ás 18.00
  • A partir de 7 anos
  • Sen inscrición previa, 30 prazas
¡Compártelo!

Tags: , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑