Obradoiro Recicl-arte en Súbete ó Castro os sábados de abril
Súbete ó Castro, o espazo para a mocidade do Monte Castro, ten preparado un obradoiro para os sábados do mes de abril pola tarde. No obradoiro Recicl-arte de reciclaxe e artesanía faranse creacións con material de refugallo: adornos, complementos ou pequeños agasallos a partir de revistas, cartón, etc. A inscrición para este obradoiro é totalmente de balde e ábrese o venres 22 de marzo.
Os sábados de 16.30 a 18.00 en Súbete o Castro
Para apuntarte tes que ter entre 13 e 35 anos e contactar con Súbete ó Castro a partir do día 22 de marzo a través de facebook mandando unha mensaxe privada, correo electrónico, no 986 485 541 ou pasando por alí persoalmente. Terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- De luns a xoves de 16.00 a 20.00
- Venres e sábado de 16.00 a 22.00
- Súbete ó Castro en facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org