Ciclo de cine “Nos vieiros da mente” no Centro Cultural Novacaixagalicia
Tras o éxito das dúas primeiras edicións este ano volve o ciclo de cinema “Nos vieiros da mente”, unha viaxe a través das mentes máis complexas e eufóricas do celuloide. Neste programa, que está patrocinado polo SERGAS, inclúense un total de seis películas proxectadas en versión orixinal subtitulada cuxa temática é a mente humana, facendo referencia a distintas patoloxías.
Proxectaranse nos centros socioculturais que Novacaixagalicia posúe en Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol e Vigo. O acceso ás proxeccións é de balde ata encher capacidade. As proxeccións de Vigo comezan hoxe, 12 de marzo de 2013 e seguirá case todos os martes ata o 23 de abril. A continuación podedes consultar a programación para Vigo:
Auditorio do C.C. Novacaixagalicia
- 12 de marzo ás 19.00, Leaving Las Vegas (Mike Figgis, 1995) con Nicolas Cage e Elisabeth Shue
- 19 de marzo ás 19.00, Fight Club (David Fincher, 1999) con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter
- 26 de marzo ás 19.00, The Virgin Suicides (Sofia Coppola, 1999) con Kirsten Dunst, James Woods e Kathleen Turner
- 2 de abril ás 20.00, The Aviator (Martin Scorsese, 2004) con Leonardo DiCaprio, Cate Blanchett e Kate Beckinsale
Sala de conferencias do C.C. Novacaixagalicia
- 9 de abril ás 19.00, Wilbur Begår Selvmord, Wilbur quérese matar (Lone Scherfig, 2002) con Jamie Sives e Adrian Rawlins
- 23 de abril ás 19.00, A Beautiful Mind (Ron Howard, 2001) con Russell Crowe, Jennifer Connelly e Ed Harris
O Centro Cultural NovaCaixaGalicia está en Policarpo Sanz, 13
- Máis información e horarios das outras cidades en obrasocialncg.com
hai que facer algún tipo de reserva? Gracias.
O acceso ás proxeccións é de balde ata encher capacidade, non hai venda de entradas nin reservas.
Saúdos e graciñas por lernos!