O Vigo dos barrios: ruta cultural polo barrio de Bouzas o 21 de marzo
A Federación Veciñal Eduardo Chao organiza a terceira visita do programa “O Vigo dos Barrios” para a tarde do xoves 21 de marzo trátase dunha ruta peatonal a través do casco antigo de Bouzas. Durante o percorrido coñeremos os puntos máis destacados deste barrio acompañados dunha guía. Esta actividade é gratuíta e terá unha duración aproximada de hora e media.
Horarios e inscrición
Nesta ocasión contamos con dúas quendas para realizar a visita, a primeira será ás 16.30 e a segunda ás 18.00, o punto de partida será a igrexa de San Miguel de Bouzas. As inscrición xa está aberta e rematará o día 19 de marzo ou ata completar as prazas, xa que son limitadas. Asignaranse por rigoroso orde de chegada. As persoas interesadas en participar deben contactar coa Federación a través do 986 441 686.
Máis información en favec.es