Actividades infantiles no image

Publicado el 11 de marzo de 2013 | por Fer Martínez

1

Máis de 60 actividades en Vigo ata o 17 de maio para festexar os 150 anos de “Cantares Gallegos”

logo vigo con rosalía PEQ

O 17 de maio de 2013, Cantares gallegos de Rosalía de Castro, cumpre 150 anos. Esta obra, que representa o Rexurdimento da nosa lingua, foi impresa en Vigo, na imprenta de Xoan Compañel. Por este motivo, a cidade quere renderlle homenaxe á muller que, a pesares de nacer nunha época nada propicia para as mulleres nin para as linguas “non oficiais”, foi capaz de publicar esta obra determinante para a historia da nosa lingua.

As actividades xa comezaron o día 24 de febreiro coincidindo coa data de nacemento da escritora pero aínda quedan dous meses de contacontos, concertos, charlas, lecturas populares… un gran abano de propostas entre as que sen dúbida poderedes atopar algo interesante. Todas estas actividades son de balde e están repartidas por varios puntos da cidade como centros culturais, cafés ou mercados. Podedes descargar o programa completo neste enlace ou consultalo na imaxe que tedes a continuación.

programa rosalía PEQ

Estas actividades están organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Máis de 60 actividades en Vigo ata o 17 de maio para festexar os 150 anos de “Cantares Gallegos”

  1. Xiana dice:

    Eu asistín de casualidade á charla de Anxo Angueira do 5 de marzo. Quedei prendada dese home, de como explicou a Rosalía e desmentíu a idea de que Rosalía era deprimente, que me meteron na cabeza no cole. Ao día seguinte volvín ler a Rosalía e atopei a forza, a loita , a reivindicación… da que falara Angueira. O 23 de abril ten outra actividade. Recoméndovolo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑