Cine no image

Publicado el 7 de marzo de 2013 | por Fer Martínez

0

IX Festival Internacional de Documentais Play-Doc en Tui do 13 ao 17 de marzo

logo-play-doc

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui volve reunir, para a súa novena edición, unha selección de películas que toman o pulso ás últimas tendencias do documental de autor máis independente e innovador. Un cinema, como gusta mostrar ao certame, lonxe das convencións e difícil de atopar; unha nova oportunidade para o seu diverso público de descubrir algunhas das xoias cinematográficas da tempada. A selección de 2013 consta de cinco títulos, chegados de países tan dispares como China, Bulgaria ou os EUA.

O festival adícalle un ciclo á obra dos irmáns Maysles e prepárase para acoller a Albert Maysles. Xunto ao seu irmán David (1932-1987), foron os pioneiros e máximos expoñentes do cinema directo. O movemento, que xurdiu a finais dos 50 e principios dos 60 nos EUA, rompía con todas as tradicións anteriores, aspirando a capturar a realidade de maneira directa, tal e como sucedía. Neste contexto, os irmáns Maysles crearon unha estética e estilo propios, a medio camiño entre o experimental e o observacional. Os temas que abordaban a miúdo supuñan cuestións controvertidas nunha America materialista.

Nesta edición o Play-Doc descobre unha figura perdida do documental cubano: Nicolás Guillén Landrián (1938-2003). Realizador de 18 películas, hoxe a meirande parte perdidas. A maioría dos seus traballos eran encargos propagandísticos, que o realizador sabía levar ao seu terreo. Este fluía por vertentes surrealistas e poéticas, conxugadas cun apego honesto e próximo polo real, que o converten nun dos mellores retratistas da Cuba dos anos sesenta.

Esta é a programación do Play-Doc 2013

horario-play-doc-2013

As proxeccións levaranse a cabo no Teatro Municipal de Tui (Rúa Colón, 2)
A entrada ten un prezo de 2€ por sesión

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑