Festival Alternativo de Artes Escénicas ALT’13

Cartel Festival ALT'13Presentouse recentemente o programa da 12ª edición de ALT ’13 -festival organizado pola Asociación Cultural Noescafé Teatro coa participación do Concello de Vigo- que nesta ocasión volve a reducir a súa duración quedando en catro xornadas, entre o xoves 7 e o domingo 10 de marzo. Como ven sendo habitual, as actuacións terán lugar en distintos espazos da nosa cidade, como o Auditorio Municipal (Praza do Rei), Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15), mueso MARCO (Príncipe, 54) e a Casa Arines do Instituto Camoes (Praza Teniente Almeida).

No programa do ALT’13 -que podedes consultar completo neste enlace– atopamos distintas propostas de teatro, danza, performance, espectáculo circense, etc., de artistas galegos así como de Alemania, Cataluña, Holanda, Francia e Illas Canarias. Como é costume, o festival tamén contará coa terceira edición do Ciclo de Mulleres Creadoras, patrocinado pola unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, no que se presentará un programa cuádruple en formato «show case» dos traballos en progreso de tres creadoras (Nuria Sotelo, Mercé de Rande e Estela Lloves) e un creador (Diego Anido).

Nesta edición mantense o mesmo prezo que o das anteriores, 5 euros por pase. As entradas póderanse reservar previamente chamando ao 666.990.403 ou adquirir directamente en taquilla dende media hora antes do pase.

Máis información:

Fonte: Vigocultura.org

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*