Actividades infantiles no image

Publicado el 2 de marzo de 2013 | por Fer Martínez

1

Mercado de produtos tradicionais o sábado 2 de marzo no Casco Vello de Vigo

Hoxe sábado 2 de marzo hai unha nova edición de FEIRA, un mercado ao aire libre de carácter mensual que pón á disposición da cidadanía produtos de calidade ecolóxicos e con denominación de orixe. Poñer en valor a nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados ao aire libre do Casco Vello é o obxectivo desta iniciativa cultural.

Na Praza da Pedra e arredores, horario de inverno de 10.00 a 19.00

Como nas edicións anteriores, na Praza da Pedra e rúas Triunfo, Palma e Oliva ubícanse os expositores procedentes de toda Galicia, entre os que destaca a ampla selección de artesáns e agricultores de Vigo e comarca. Nesta edición quere potenciarse a singularidade da FEIRA como un punto de encontro e lugar de lecer con programación de actividades variadas durante todo o día como actuacións musicais, unha ruta gastronómica, degustacións, obradoiros e conferencias.

horario actividade título
12.00 a 13.00 DEGUSTACIÓN Queixos Arzúa-Ullóa a cargo de Queixerías Daniel Torres
13.00 MÚSICA Banda de Música de Cabral
13.00 a 16.00 RUTA GASTRONÓMICA Abadesa, A pita tola, Cabernet, Ecogloria, La Mari, La Colegiala, Pulpeiro do Carballiño
17.00 OBRADOIRO Pintura para nenos e avós con Chus Lauzara
17.30 MERENDA Infusións ecolóxicas con galletas e manteigas de hervas coa Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos (APEGA).
18.00 CONFERENCIA “Tecidos naturais: lana, alpaca, angora, seda e algodón” a cargo de Avelina Santiso
18.30 CONFERENCIA “Como montar unha horta ecolóxica” a cargo de Tirabeque, horta ecolóxica

Por primeira vez FEIRA conta coa complicidade dos locais do contorno para realizar unha ruta gastronómica sumada a do pulpeiro do Carballiño que se instala no centro da praza. Cada un dos locais realiza pratos especiais a prezos reducidos con motivo da FEIRA: en Abadesa, Grelos salteados, salchichas ao whisky e champiñóns ao allo; en A pita tola, quesadillas de pisto e crepe de tetilla con grelos; en Cabernet, cofta en kebab (albóndega de terneira en dúas salsas); en La Colegiala, callos e en La Mari, empanadillas especiais feira.

FEIRA. Mercado de produtos tradicionais galegos en facebook.com

  • O primeiro sábado do mes na Praza da Pedra, Casco Vello de Vigo
¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Mercado de produtos tradicionais o sábado 2 de marzo no Casco Vello de Vigo

  1. seo vigo dice:

    una feria a la que no se puede falta, gracias por informar. saludos y felicidades por el blog.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑