Obradoiros de cooperativismo en marzo a cargo da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado
A cooperativa é unha das fórmulas laborais máis descoñecidas para o público xeral por isto a Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado, Ugacota organiza unha serie de obradoiros gratuítos que teñen como meta o fomento do cooperativismo e da economía social. En marzo están previstas dúas accións formativas na Cámara de Comercio de Vigo, centro pertencente á rede Eusumo.
Formación cooperativa para persoas que queren emprender en colectivo
O obxectivo deste obradoiro é achegar o modelo cooperativo á cidadanía, contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas, divulgar e orientar sobre os aspectos diferenciadores e as características das empresas cooperativas, amosar as condicións necesarias para emprender en colectivo baixo un modelo cooperativo e os pasos a dar.
- Do 12 ao 15 de marzo de 2013
- De 10.30 a 15.30 horas (20 horas totais)
- Programa docente
- Formulario de inscrición
Por que non traballamos en equipo? Habilidades para contornos cooperativos
Obradoiro destinado a desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo e a coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Do 19 ao 22 de marzo de 2013
- De 10.30 a 15.30 (20 horas totais)
- Programa docente
- Formulario de inscrición
Se non podedes apuntarvos en marzo non vos preocupedes, Ugacota ten preparadas máis sesións dos mesmos obradoiros para os vindeiros meses ademais doutro obradoiro chamado “Elabora o teu plan de empresa cooperativo. Análise da viabilidade de proxectos colectivos.” Lembrade que a participación nestas actividades é gratuíta.
Máis información
- ugacota.coop, 986 136 592 e nuria@ugacota.org
- Cámara de comercio de Vigo, Rúa República Arxentina, 18, 986 432 533