Cultura no image

Publicado el 27 de febrero de 2013 | por Fer Martínez

0

Obradoiro de goma EVA en Súbete ó Castro, días 15 e 22 de marzo

fonte da imaxe: http://anaysusideas.blogspot.com.es

Súbete ó Castro, o centro para a mocidade do Monte do Castro ten preparado un obradoiro de manualidades con goma EVA para os venres 15 e 22 de marzo en horario de 17.00 a 19.00. Neste obradoiro gratuíto ensinarase a manexar este peculiar material e a facer pequenos complementos como carteiras ou bisutería.

Que é a goma EVA?

EVA son as siglas de Etileno Vinil Acetato, un polímero termoplástico. Trátase dun material que combina con calquera accesorio ou produto en aplicación directa ou superpuesta. É un material que non substitúe a ningún coñecido, senón que pola contra, o complementa. Como é un material moi livián pódese empregar para manualidades creativas ou profesionais; é termoformable, lavable, non ten bordos afiados, non é tóxico e pódese pintar con calquera tipo de pintura e técnica. Distribúese en papelerías e xogueterías como ferramenta didáctica e material escolar, ademais en tendas de artesanía e manualidades, en forma de láminas de diversas cores.

Inscrición a partir do xoves 28 de febreiro

Este obradoiro está dirixido a rapaces e rapazas entre 13 e 35 anos. Para solicitar unha praza tes que contactar con Súbete ó Castro a través de facebookcorreo electrónico, no 986 485 541 ou achegarte por alí persoalmente. Terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.

Logo de Súbete ó Castro

Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)

Fonte: xuventudevigo.org

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑