Entradas de balde para ver o filme galego “Personal Movie” nos Cines Gran Vía

As concellarías de Cultura e Normalización Lingüística convídannos ao filme galego Personal Movie, último traballo do realizador Héctor Carré, que se exhibirá dende o luns 25 de febreiro ao xoves 7 de marzo nos Cines Gran Vía.

Personal Movie é a historia de Manolo (Santi Romay), un mozo que está a rodar a película das súas vacacións. A cámara convértese nun personaxe máis, entre festas e ligues, ata que un día de resaca no que non lembra nada do ocorrido na véspera, atopa os restos dun cadáver no seu barco. Apoiándose no seu pai (Chete Lera), un policía ao que detesta e nunha moza inmigrante (Yelena Molina) da que se namora, terá que descubrir ao culpable.

As invitacións para ver Personal Movie nos Cines Gran Vía as poderedes recoller ata o venres 1 de marzo no Servizo de Normalización Lingüística de Vigo, na 1ª planta do concello na Praza do Rei. O horario de recollida é de 9.00 a 13.00. As invitacións teñen que ser trocadas por entradas na taquilla dos Cines Gran Vía e son válidas para calquera dos horarios de proxección do filme.

Máis información

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Connect with Facebook


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>