Curso de competencias dixitais básicas en Súbete ó Castro os luns de marzo
O espazo para a mocidade do Monte do Castro, xestionado pola Concellería de Xuventude de Vigo vén de anunciar un novo curso pensado para mozos e mozas con poucos coñecementos de informática. Nas tardes dos luns de marzo nas instalacións do Súbete ó Castro poderedes aprender a redactar e dar estilo a textos, manexar unha conta de correo electrónico e adxuntar documentos, etc. En definitiva, aprender a levarte ben cun ordenador.
Os luns 4, 11, 18 e 25 de marzo de 18.30 a 19.30
Este curso é totalmente gratuíto e está dirixido a rapaces e rapazas entre 13 e 30 anos. As prazas son limitadas, para apuntarvos tedes que enviar un correo electrónico a subeteocastro@vigo.org, chamar ao 986 485 541 (en horario de tarde), mandar unha mensaxe por facebook ou acudir persoalmente a Súbete ó Castro. Precisan os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e e-mail. Se es menor de idade, terás que presentar unha autorización o primeiro día de actividade.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org