Cursos y talleres no image

Publicado el 18 de febrero de 2013 | por Ana de Larriva

0

Nova edición do “Obradoiro de Habilidades Directivas” da Asociación de Jóvenes Empresarios

A AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia) vén de anunciar unha nova edición do seu Obradoiro de Habilidades Directivas para o mes de marzo en Vigo. As datas que anuncia AJE para marzo son os días 7, 14, 18 e 21, e impartirase no local de Seforma (Rúa Areal, 68). A anterior, celebrada os pasados 23, 28 e 30 de xaneiro e 4 e 6 de febreiro -en horario de 16h a 19h-, foi moi interesante e contou cunha gran demanda, que obrigou a cambiar a localización para o auditorio municipal situado no número 1 da rúa Oporto.

A miña experiencia no Obradoiro de Habilidades Directivas de AJE Galicia

A actividade non foi realmente un Obradoiro de Habilidades Directivas, se se entenden estas como capacidades persoais orientadas á dirección (liderado, toma de decisións, traballo en equipo, xestión de grupos, xestión do tempo, comunicación en público, etc.), senón un completo curso de iniciación ao emprendemento. Nel tratáronse diferentes áreas: marketing, subvencións para emprendedores, redes sociais, comunicación interna e xestión económica.

Este obradoiro é moi recomendábel para calquera persoa que xa teña unha idea ou proxecto de negocio -sobre todo as partes de xestión económica e subvencións- e, ademais, algúns dos temas, como o marketing, as redes sociais e un interesantísimo apartado sobre as diferentes ferramentas gratuítas que se poden empregar na primeira etapa de posta en marcha do negocio, son aplicábeis até a nivel individual, para mellorar a nosa proxección profesional, sexamos emprendedores ou non.

Entre os principais puntos positivos da actividade atópanse a diversidade de temas que se tratan, a interactividade entre poñentes e asistentes e a toma de contacto con persoas con proxectos moi diferentes e moitas ganas de darlles vida.

A inscrición é gratuíta para desempregados e socios de AJE e, ao final do curso, pódese solicitar un certificado de asistencia.

Máis información na web de AJE Galicia: ajegalicia.es

A autora deste artigo é Ana de Larriva, xornalista viguesa.

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Periodista.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑