Conciertos no image

Publicado el 15 de febrero de 2013 | por Fer Martínez

0

Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico en marzo

O espazo para mocidade Vigosónico programa para o mes de marzo 6 cursos de imaxe, son e informática: photoshop, iniciación musical, informática para traballar, edición de vídeo, iniciación á fotografía dixital e son en directo. Este centro está situado ás portas do Parque Tecnolóxico de Valladares e todos os cursos son gratuítos. A matrícula está aberta desde o sábado 16 de febreiro.

O prazo de inscipción comeza o sábado 16 de febreiro. A inscrición realizarase a través da web do Vigosónico, enchendo un formulario. As prazas outorgaranse por orde de chegada das solicitudes. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos. Estos son os cursos ofertados:

EDICIÓN DE IMAXE CON ADOBE PHOTOSHOP

  • 12 horas de duración
  • Xoves 28 de febreiro e 7, 14 e 21 de marzo
  • De 17.00 a 20.00

INICIACIÓN MUSICAL

  • 8 horas de duración
  • Venres 1, 8, 15 e 22 de marzo
  • De 17.00 a 19.00

INFORMÁTICA PARA TRABALLAR

  • 12 horas de duración
  • Venres 1, 8, 15 e 22 de febreiro
  • De 17.00 a 20.00

EDICIÓN DE VIDEO

  • 12 horas de duración
  • Sábados 2, 9, 16 e 23 de febreiro
  • De 17.00 a 20.00

INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL

  • Dúas quendas de 6 horas
  • 1ª quenda: sábados 2 e 9 de marzo
  • 2ª quenda: sábados 16 e 23 de marzo
  • Ambas quendas de 17.00 a 20.00

OBRADOIRO DE SON EN DIRECTO

  • 6 horas
  • Venres 22 de marzo
  • De 16.00 a 22.00

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑