Actividades infantiles no image

Publicado el 14 de febrero de 2013 | por Fer Martínez

0

Versión Orixinal: ciclo de cinema en galego de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Cultura, organiza o ciclo de cinema en galego Versión Orixinal. O obxectivo desta actividade é mostrar a utilidade e vizosidade da lingua galega na creación artística, maiormente nas creacións audiovisuais e, asemade, promover actividades de lecer na nosa lingua que faciliten a asistencia de toda a cidadanía e sensibilicen acerca da necesidade de apoiar as producións en lingua galega.

O ciclo vaise desenvolver do 17 de febreiro ao 9 de marzo, e incluirá unha proxección semanal ás 20.00. O domingo 17 de febreiro proxectarase no Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela e no Auditorio da Xunqueira os tres sábados seguintes. O prezo das entradas é de 3€ e poderanse adquirir no multiusos dende dous días antes a cada proxección. Nesta primeira edición exhibiranse tres producións galegas de gran repercusión:

O Apóstolo (2012) dirixida por Fernando Cortizo

  • Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.
  • Domingo 17 de febreiro no Auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela
  • Sábado 23 de febreiro no Auditorio da Xunqueira
  • Recomendada para maiores de 7 anos

Vilamor (2011) dirixida por Ignacio Vilar

  • Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
  • Sábado 2 de marzo no Auditorio da Xunqueira
  • Recomendada para maiores de 12 anos

Engurras (2012) dirixida por Ignacio Ferreras sobre o cómic de Paco Roca

  • Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.
  • Sábado 9 de marzo no Auditorio da Xunqueira
  • Para todos os públicos

Para máis información:

  • redondela.es
  • Auditorio da Xunqueira, Paseo da Xunqueira s/n, Redondela  (MAPA)
  • Auditorio de Piñeiral do Crego, Piñeiral do Crego s/n, Chapela (MAPA)
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑