Previsión de obradoiros en Súbete ó Castro para os meses de marzo, abril e maio
Súbete ó Castro, espazo para a mocidade sito no Monte Castro, pertencente á Concellería de Xuventude do Concello de Vigo xa ten preparados tres cursos de manualidades para os vindeiros meses de marzo, abril e maio. Os obradoiros son para mozos entre 13 e 35 anos, totalmente gratuítos e con prazas limitadas. As inscripcións abriranse 15 días antes do comezo de cada un. Estade atentos porque poden programarse máis obradoiros ao largo do ano.
Manualidades con Goma Eva
- Venres 15 e martes 26 de marzo de 17.00 a 19.00
Recicl-arte: reciclaxe e artesanía
- Sábados 6, 13, 20 e 27 de abril de 17.00 a 19.00
Iniciación ao FIMO
- Venres 3 e venres 10 de maio de 17.00 a 19.00
Para apuntarte tes que contactar 15 días antes do comezo do curso con Súbete ó Castro a través de facebook, correo electrónico, no 986 485 541 ou achegarte por alí persoalmente. Terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- De luns a xoves de 16.00 a 20.00
- Venres e sábado de 16.00 a 22.00
- facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org
Fonte: xuventudevigo.org