Ruta cultural por Teis o 31 de xaneiro de 2013
A Federación Veciñal Eduaro Chao en colaboración coa Asociación de Veciños de Teis organiza a segunda visita de “O Vigo dos Barrios” para a tarde do xoves cunha visita guiada polo barrio de Teis. Esta ruta cultural é de balde e faise en autocar por mor do tempo. Durante o percorrido haberá varias paradas en puntos destacados do barrio acompañados dunha guía.
Percorrido de “O Vigo dos Barrios: Teis”
- 16.30 Punto de encontro: A.VV. de Teis
- Convento das Salesas
- Rúa Sanjurjo Badía
- Avda. de Galicia, Riouxa visita á Igrexa de San Salvador
- Rúa Doutor Corbal e visita á ETEA
- Rúa Pedro Alvarado ou Maceiras (Centro Cívico de Teis)
- Rúa Xulián Estévez
- 18.30 Volta á A.VV. de Teis
Inscripción por teléfono ou correo, hoxe é o derradeiro día para facelo.
- 986 441 686 ou eduardochao@eduardochao.org
- As prazas serán cubertas por orde de inscrición
- Máis información
- A A.VV de Teis está na Rúa Gerardo Campos, 2 (MAPA)