Curso de sombras chinesas no Verbum para maiores de 15 anos do 5 ao 8 de febreiro
A Concellería de Normalización Lingüística de Vigo organiza a segunda edición deste curso sobre elaboración e manexo de sombras chinesas no Verbum, Casa das Palabras de Samil. Este curso vaise realizar os días 5, 6, 7 e 8 de febreiro en horario de 17.00 a 20.00 e hai 25 prazas disponibles. O obradoiro é gratuíto pero hai que levar o seguinte material: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar.
Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada participante vaise crear e escenificar unha pequena historia. Os alumnos da primeira edición escenificarán a súa obra de sombras no Verbum o domingo 3 de febreiro ás 13.00, a entrada é libre para todo o público.
Inscrición os días 29, 30 e 31 de xaneiro
Do mesmo modo que na primeira edición, se queredes participar no curso e sodes maiores de 15 anos, teredes que descargar este formulario, enchelo cos vosos datos e mandalo ao correo da Concellería de Normalización Lingüística (ofi.normalizacion@vigo.org) a partir do 29 de xaneiro. Lembrade que só hai 25 prazas e que é necesario levar material.
Máis información