Ciclo de espectáculos de humor no Concello de Tomiño
Esta fin de semana arranca o ciclo de inverno “Tomiño Humor” que levará á vila de Tomiño algúns dos mellores humoristas galegos en cinco espectáculos de entrada libre. Estes espectáculos se celebrarán no Auditorio do Centro Multiusos de Goián e neles contaremos coa presenza de coñecidos humoristas como Carlos Blanco ou Mofa e Befa. A continuación podedes consultar as representacións.
Sábado 26 de xaneiro.
- Carlos Blanco, “Só”
Sábado 2 de febreiro
- Avelino González, “Falando en prata”
Sábado 16 de febreiro
- Fulano, Mengano e Citano, “Top Manta”
Sábado 9 de marzo
- Isabel Risco, “Nabiza girl, unha viaxe espacial”
Sábado 23 de marzo
- Mofa e Befa, “Sempre ao lonxe”
Todas as actuacións serán ás 22.00 e de entrada gratuíta ata completar aforamento. A programación de inverno inclúe tamén a exposición de escultura “Formas”, dos tomiñenses Carlos Fierro e Carlos Fernández que estará nos espazos comúns do Centro Multiusos de Goián ata o 17 de febreiro.
O Centro Multiusos de Goián está na Rúa de Pío Troncoso s/n (MAPA)
- concellotomino.com
- Concellería de cultura, deporte e mocidade: 986 622 001/03
- Centro Multiusos de Goián: 986 622 988
Tiene buena pinta. Reservaremos las fechas para poder asistir.