Obradoiro de comunicación non verbal do Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo
Cando mantemos unha conversa, emisor e receptor transmiten miles de sinais e mensaxes que van máis alá do que se di con palabras. A comunicación verbal e non verbal son inseparables, xa que mentres a palabra expresa un contido informativo, a linguaxe corporal revela o emocional matizando o significado das palabras.
O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo organiza un obradoiro sobre comunicación non verbal que vaise levar a cabo os días 29, 30 e 31 de xaneiro na sala II do Edificio Miralles do CUVI. Ten como obxectivo dar a coñecer os segredos dos movementos para comprender a conversa en cada momento.
A linguaxe non verbal é unha ferramenta fundamental para afianzar aquelas ideas, intencións e xuízos que se transmiten e por exemplo nunha entrevista de traballo serve para amosar unha boa actitude, seguridade e autocontrol poden ser o elemento clave que decante a contratación. É importante coñecer as claves necesarias para actuar de xeito correcto e afianzar a nosa candidatura.
- Prezo: 4,5€ para o público en xeral e 3€ para bolseiros
- Horarios: de 11.00 a 13.00 os días 29, 30 e 31 de xaneiro
- Inscricións: ata o 28 de xaneiro en Extensión Universitaria (edificio Miralles)
- Contacto:gabinetepsicopedagóxico@uvigo.es ou 986 813 626
Máis información en duvi.uvigo.es
Pingback: Novidades da semana!! « Ciclos Superiores Colegio San José de la Guía