Ruta familiar de sendeirismo por Cangas do Morrazo o 20 de xaneiro
Esta fin de semana a Asociación Cultural O Coto ten preparada unha ruta polo Morrazo, onde farase un percorrido adaptado para todas as idades partindo da praia de Area Brava e rematando no Faro de Punta Couso, é un dos extremos da Costa da Vela, ao lado da entrada da ría de Aldán. É unha zona privilexiada, con pequenas e fermosas praias e cunhas vistas excepcionais da ría de Aldán e a Illa de Ons.
Esta ruta levarase a cabo o domingo 20 de xaneiro, a saída é ás 11.00 do Colexio Público Carballal en Cabral, Rúa Lomba. O acceso principal é pola Avenida do Aeroporto (MAPA). Esta actividade é gratuíta, pero o transporte corre a cargo dos participantes.
Máis información e inscrición
- ocoto.org
- 986 487 957 ou 676524529