Intercambio cultural con Chipre en Pontevedra do 10 ao 18 de febreiro
O programa para a mocidade europea Youth in Action ten preparadas para mediados de febreiro unhas xornadas de intercambio cultural entre Chipre e Galicia que durarán 8 días. Este intercambio estará formado por 15 chipriotas e 15 galegos que convivirán nas instalacións da Cidade “Príncipe Felipe” de Pontevedra tendo como lingua vehicular o inglés. O elemento común de ambos países é o mar e dende ese punto de vista realizaranse as actividades programadas.
Ademais de coñecer outra cultura e outras tradicións, os participantes realizarán obradoiros de procura de emprego, de ecoloxía e de música. Convivirán xunto con dous titores, un de Chipre e outro de Galicia. Esta actividade está dirixida a mozos e mozas entre 17 e 30 anos e o seu prezo é de 20€ por 8 días de aloxamento e pensión completa. Para solicitar unha praza hai que achegarse persoalmente á Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra en horario de 9.00 a 15.00 antes do 25 de Xaneiro.
Máis información
- Oficina de Xuventude de Pontevedra, Rúa Sor Lucía 2, 3º
- 986 84 03 67 ou 652 809 080
- xuventude@pontevedra.eu
- xuventude.pontevedra.eu