Actividades infantiles no image

Publicado el 15 de enero de 2013 | por Fer Martínez

0

Actividades de xaneiro a marzo na Biblioteca Xosé Neira Vilas

A Biblioteca municipal Xosé Neiras Vilas xa está a levando a cabo a súa programación para o inverno de 2013, igual que no trimestre pasado continúa coa programación de Os sabadiños do Roque, a Hora dos Contos e os Arrolos e contiños para os máis cativos e os Contos dakí para o público adulto. Hai preparadas novas sesións de Achégate á internet, un obradoiro de escritura creativa e outro de descubrimento da arquitectura para rapaces ademais de tres mostras bibliográficas.

O sabadiño de Roque

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia.

  • Sábados 2 de febreiro e marzo
  • Ás 12.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • Inscrición a partir do día 15 do mes anterior

A hora dos contos

Un proxecto de animación á lectura onde cada mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta.

  • Xoves 14 de febreiro e marzo
  • Ás 18.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • 30 prazas, entrada libre ata completar aforamento

Entre arrolos e contiños

 

Os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

  • Sábados 19 de xaneiro e 16 de febreiro e marzo
  • Ás 12.00
  • Actividade para nenos de 12 meses a 3 anos acompañados
  • Inscrición a partir do día 1 do mesmo mes da sesión

Contos dakí, contacontos para adultos

Algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas.

  • 25 de xaneiro Celso Fernández Sanmartín
  • 15 de febreiro Paula Carballeira
  • 22 de marzo Avelino González
  • Ás 19.30
  • Entrada libre

Mostras bibliográficas

A bilbioteca exporá unha selección co máis representativo do seu fondo bibliográfico relacionado con varios temas, os libros estarán a disposición de todas as persoas que se acheguen a biblioteca.

  • Preparados, listos, xa! (deporte) do 2 de xaneiro ao 2 de febreiro
  • +Misterio do 4 de febreiro ao 2 de marzo
  • Bibliolabora (emprego) do 4 ao 30 de marzo

Achégate á Internet Iniciación II

Proxecto de alfabetización dixital para maiores de 16 anos con coñecementos básicos de informática ou Internet.

  • Do luns 11 de febreiro ao venres 15
  • De 10.00 a 12.00
  • 7 prazas
  • Iinscrición a partir do 1 de febreiro

Achégate á Internet: procura de emprego

Obradoiro de manexo básico na rede esta vez centrado na procura de traballo a través da Internet. Destinado a persoas con escaso coñecemento de Internet maiores de 16 anos. Ensinarase a buscar emprego a través de portais webs especializados e a facer un perfil en redes socias profesionais. Días 19 a 20 de marzo.

  • 1ª quenda de 9.30 a 11.30
  • 2ª quenda de 12.00 a 14.00
  • 7 prazas por grupo
  • Inscrición a partir do 1 de marzo

Achégate á arquitectura

A biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa nas mañás da Semana Santa, ao tempo que achegalos ao mundo da arquitectura e o urbanismo. Así achegarase aos rapaces a este mundo, á súa linguaxe, aos seus códigos e segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes e a tecnoloxía e os libros que tratan esta temática.

  • Para nenos entre 5 e 12 anos
  • Martes 26 e mércores 27 de marzo de 11.00 a 13.00
  • 20 prazas, inscrición a partir o 1 de marzo

Obradoiro de escritura creativa

Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, dirixido polo escritor e editor Francisco Castro. Actividade para maiores de 18 anos.

  • Mércores 23 e xoves 24 de xaneiro
  • De 18.30 a 20.30
  • 15 prazas, aberto o prazo de inscrición

Todos os obradoiros son gratuítos e as prazas adxudícanse por orde de inscrición, cada unha ten o seu prazo de solicitude propio. Podedes facer a vosa inscrición de forma presencial na bilbioteca, no correo bpneiravilas@vigo.org ou no teléfono 986 267 759.

A Biblioteca municipal Neira Vilas está en Martínez Garrido, 21

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑