Cursos gratuítos da Concellería de Xuventude: manipulador de alimentos, tratamento de textos e creación de blogs
Ademais do obradoiro de mantemento dunha horta urbana do que vos falábamos a semana pasada, a Concellería de Xuventude anuncia tres cursos gratuítos máis, neste caso son un curso de manipulador de alimentos, outro de tratamento de textos para mozos con poucos coñecementos de informática e outro de creación e mantemento de webs e blogs. Estes cursos vanse celebrar na Casa da Xuventude e no Punto Xove, a continuación vos falamos dos requisitos e datas de cada un.
Manipulador de alimentos
Curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos, está homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Neste curso se falará das enfermidades transmitidas polos alimentos, dos perigos alimentarios e de como debe traballar unha persoa manipuladora de alimentos. Tamén da hixiene de instalacións, equipos e procesos e da limpeza, desinfección, desratización. Tratarán temas como a seguridade alimentaria a lexislación alimentaria e o etiquetado. Ao remate do curso realizarase unha proba de avaliación e entregarase o certificado correspondente.
Dúas quendas para o curso
- 1ª quenda: o 11 de xaneiro de 2013, de 10.00 a 13.00 na Casa da Xuventude, inscrición a partir do día 26 de decembro na Casa da Xuventude (López Mora, 31)
- 2ª quenda: o 1 de febreiro de 2013, de 10.00 a 13.00 no Punto Xove, inscrición a partir do día 21 de xaneiro de 2013 no Punto Xove (López de Neira, 27)
Para apuntarse hai que presentar unha fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo. Esta actividade está dirixida a mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade.
Curso de tratamento de textos
O obxectivo deste curso e que os alumnos aprendan como crear documentos partindo de cero empregando modelos e gardandoos en diferentes formatos, segundo vaia ser o seu destino. Crear táboas e editalas e as súas propiedades. Coñecer as ferramentas dispoñibles para crear gráficos que formen parte do documento. Realizar correccións e comprobacións ortográficas e gramaticais do documento. Coñecer as ferramentas de correspondencia para combinar unha orixe de datos cun documento de datos ou de etiquetas.
- Duración do curso, 45 horas, do 14 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2013 en horario de 10.00 a 13.00, de luns a venres. Prazo de inscrición dende o día 26 de decembro de 2012 a partir das 10.00hs e ata cubrir as 15 prazas. Inscricións na Casa da Xuventude (López Mora, 31)
Para apuntarse hai que presentar unha fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo. Esta actividade está dirixida a mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade.
Curso de creación de webs e blogs
O obxectivo é dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para crear un sitio web e administralo cun dos xestores de contidos máis difundidos en internet, WordPress. Esta ferramenta ofrece a posibilidade de crear unha web ou un blogue facilmente e, personalizala dun xeito rápido para poder centrarse na creación de contidos. Ademais permite ampliar as súas funcións e configuralo para crear por exemplo un sitio web de aspecto profesional.
- Duración do curso, 25 horas, do 18 ao 27 de febreiro de 2013, en horario de 10.00 a 13.00, de luns a venres no Punto Xove. Prazo de inscrición dende o día 4 de febreiro a partir das 10.00 e ata cubrir as 15 prazas. Inscricións no Punto Xove (López de Neira, 27)
Para apuntarse hai que presentar unha fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo. Esta actividade está dirixida a mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade.
Máis información e contacto
- Casa da Xuventude (López Mora, 31) 986 294 806
- Punto Xove (López de Neira, 27) 986 223 004
- xuventudevigo.org
Yo he de informar de una cosa. He ido a apuntarme a un curso, el 26 de diciembre 10 minutos después de la apertura. Anodadada me hallo cuando me dijeron que todas las plazas estaban llenas. ¿En 10 minutos? Esto huele a chamusquina…
Nosotros también nos pasamos, parece ser que ya había gente antes de que abriese y solo había 20 plazas, por eso se agotaron tan pronto.
Un saludo, gracias por leernos.
¡Hola! Me gustaba el primero, pero no soy de Vigo
¿Sabéis si hay alguna posibilidad de entrar si quedasen plazas libres?
Muchas gracias por la información
Vas a tener que llamar a Casa da Xuventude para confirmarlo, pero el certificado de empadronamiento es un requisito, así que me temo que no.
Un saludo.
Ya, pero habrá que intentarlo de todos modos
Porque al final paso más tiempo en Vigo que en mi casa :S Muchas gracias por contestar