Especial nadal da Feira tradicional e do rastro Portovello este sábado 22 de decembro
Este sábado, 22 de decembro, no Casco Vello de Vigo, terá lugar unha edición especial de Nadal do rastro de segunda man Portovello e da Feira, o mercado de produtos tradicionais galegos. Nesta ocasión, pola data na que nos atopamos haberá máis afluencia de postos e teremos un centenar de postos no rastro Portovello e case 50 na Feira tradicional que estarán nas rúas Oliva, Palma, Joaquín Yáñez, Triunfo, Praza da Igrexa, Praza dos Descubrimentos e Praza da Pedra.
A Feira tradicional e o rastro Portovello estarán instalados no Casco Vello de Vigo o sábado 22 de decembro de 11.00 a 21.00, co rastro Portovello colaborarán os locais Plaff, Charlatana, Princesa, Fai Bistés, De Cholo, Fume de Carozo, Eltrece10, A pita tola e Paco Rapante. Igual que nas edicións regulares destos do rastro e do mercado, haberá actuacións musicais e talleres nas rúas do Casco Vello, a continuación podedes consultar as actividades paralelas:
- Ás 12.00 Sesión vermut con The Coverment, versións acústicas de clásicos no Rastro Portovello
- De 12.00 a 13.30 Obradoiro de “Bolas de Nadal” con Van Divulgación Cultural na Feira tradicional
- De 13.30 a 14.30 Teatro de Papel con El Kamishibai na Feira tradicional
- De 16.30 a 17.30 Obradoiro de “Broches con motivos de nadal” con Leonlagata na Feira tradicional
- De 16.30 a 17.30 Obradoiro de “Muiños de Man” con Marcos Escuder na Feira tradicional
- Ás 17.00 Pasarrúas con Ké-percussion no Rastro Portovello
- Ás 18.30 Sesión de Fran García “Presunto Dj” no Rastro Portovello
Máis información
- FEIRA. Mercado de produtos tradicionais galegos en facebook.com
- Rastro Portovello en facebook.com