Cine no image

Publicado el 21 de diciembre de 2012 | por Fer Martínez

0

Actividades de Nadal en Vigosónico

Vigosónico é un espazo para a mocidade dependente da Concellería de Xuventude especialmente adicado á música. Para este Nadal teñen preparadas moitas actividades e moi variadas: concertos, torneos de xogos de mesa e videoxogos, clases de música… todas de balde.

As actividades comezan hoxe e rematan o día 30, ademais o Vigosónico estará aberto no seu horario habitual, de martes a domingo de 16.00 a 22.00 (excepto os festivos) ofrecendo acceso a Internet, Wifi, local de ensaio e espazo de xogos con futbolín, dardos, tiro con arco, playstation e máis.

Actividades do Nadal Sónico (do 21 ao 30 de decembro)

Venres 21

  • 16.30 Torneo de Futbolín
  • 18.00 concertos de pop: Doors of Poetry, Vintax e Los Septiembre

Sábado 22

  • 16.30 Torneo de Futbolín
  • 17.00 Iniciación ao ioga
  • 17.00 Medicións antropométricas co programa Síntome Ben
  • 18.00 Master Class de baixo con  Jorge Villar

Domingo 23

  • 18.00 Escenario aberto

Mércores 26

  • 16.30 Torneo de ping-pong

Xoves 27

  • 16.30 Xogos de mesa (Dominion, Pandemic…) e Trivial Friki coa Asociación Cancerbero
  • 18.00 Obradoiro de Hama Beads coa A.C. Freak
  • 18.00 Proxeción de O Type Moon e Kara no Kyukai

Sábado 29

  • 18.00 Concertos de rock metal: Chickenpie, Amnesia e Aquelarre

Domingo 30

  • De 16.00 a 22.00 Festa de despedida do ano

Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8. Para máis información e contacto:

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑