Obradoiro de horta urbana ecolóxica na Casa da Xuventude
Como cada tres meses, a Concellería de Xuventude lanza o seu obradoiro para aprender a coidar unha horta urbana. Esta horta está situada nos exteriores da Casa da Xuventude, en López Mora. Con esta actividade preténdese sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade, dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica, fomentar unha alimentación máis saudable e dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo. O curso é gratuíto e o prazo de inscrición comeza hoxe.
Para apuntarse…
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 19 de decembro ata cubrir prazas. Para apuntarse hai que pasar pola Casa da Xuventude, na rúa López Mora 31 de 10.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 cunha fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo. Esta actividade está dirixida a mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. No caso de menores de idade deberán traer unha autorización dos seus titores.
Obradoiro durante o primeiro trimestre de 2013
As sesións do obradoiro se farán en xaneiro, febreiro e marzo de 2013. Son un total de 6 sesións de 4 horas cada unha, mesturando teoría e práctica e o horario será de 10.00 a 14.00 pero aínda non hai uns días sinalados para as actividades. Paralelamente as accións na horta, haberá obradoiros complementarios como un de esqueirado e outros de elaboración de marmeladas, cremas e colonias, ou vinagres e aceites aromáticos. O material, equipamento e ferramentas necesarias para a actividade están incluídos.
Máis información
- xuventudevigo.org
- Casa da Xuventude (López Mora, 31) 986 294 806