Torneos en Súbete ó Castro para este nadal
No Súbete ó Castro, o centro de ocio para a mocidade situado no Monte do Castro teñen preparadas un par de actividades para os días de nadal, para que os rapaces ata 35 anos se acheguen por alí a pasar un bo rato durante a derradeira semana de decembro e a primeira de xaneiro.
Campeonato de tenis de mesa
- Do 26 ao 30 de decembro
- De 17.00 a 20.00
Campeonato de Wii Smash Bros
- Días 3 e 4 de xaneiro
- De 17.00 a 20.00
Estos torneos están dirixidos a rapaces entre 13 e 35 anos. As prazas son limitadas, para apuntarse hai que enviar mail a subeteocastro@vigo.org, chamar ao 986 485 541 (en horario de tarde), mandar unha mensaxe por facebook ou acudir persoalmente a Súbete ó Castro. Precisan os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e e-mail. Se es menor de idade, terás que presentar unha autorización o primeiro día de actividade.
Súbete ó Castro, Paseo dos Cedros preto da pista de bicis do Castro
- facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org