Panxorock, festival de Nadal no IES Audiovisual de Vigo o 20 de decembro
Os alumnos de Produción de Espectáculos do IES Audiovisual de Vigo, en Bouzas organizan un concurso musical no que convídannos a versionar algunha das panxoliñas máis populares. Se o teu non é a música e non queres participar, pero si queres ver como o fan os participantes, os gañadores do concurso será escollidos nunha gala de entrada libre realizada o xoves 20 de decembro no seu instituto.
Para participar no Panxorock
Versiona de forma libre unha panxoliña de nadal e optarás a varios premios. As panxolñas que podes versionar son: Arre burro arre, Campana sobre campana, Adestes Fideles, Fum Fum Fum, A Belén vinde pastores, El chiquirritín, Vinde ver ao neno, Los peces en el río, Imos a Belén, Navidad Navidad, Popurrí Navideño, Canta, ríe, bebe, Blanca Navidad ou El trineo. Podes facelo como solista, coa túa familia, coa túa banda… tes a oportunidade de actuar no IES Audiovisual de Vigo e deixalos a todos abraiados.
Gala Panxorock o 20 de decembro ás 19.30
O día 20 no IES Audiovisual desfrutaremos da gran gala do Panxorock e escoitaremos a todos os participantes, o xurado e o público escollerán as mellores versións e os gañadores recibirán os seguintes premios: gravación de maqueta e videoclip para o gañador do xurado e kit musical con tarxeta de son, pedal de efectos para guitarra eléctrica e kit de baquetas para o favorito do público.
Durante a gala, que estará presentada por Tonhito de Poi, desfrutaremos do humor do monologuista César Cambeiro, dalgunha actuación musical sorpresa e de degustacións de produtos típicos do Nadal. Asistindo a esta gala entraredes no sorteo dun fin de semana no hotel SPA Oca Galatea de Sanxenxo e de bonos de desconto para tatuaxes e piercings en Tribal Tattoo.
Máis información
- Bases do concurso Panxorock en panxorock.blogspot.com.es
- O IES Audiovisual de Vigo está en Eduardo Cabello s/n (MAPA)