Actividades infantiles no image

Publicado el 3 de diciembre de 2012 | por Fer Martínez

0

Corenta nenos vigueses poderán acompañar aos Reis Magos na súa cabalgata

A Concellería de Cultura e Festas convoca o concurso “Vente cos Reis Magos”, que ten por obxecto seleccionar a corenta nenos e nenas para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o sábado 5 de xaneiro. Un agasallo de Nadal perfecto que moi poucos poderán desfrutar, aínda así merece a pena intentalo. Para participar só será necesario cubrir un boletín de inscrición que poderán recoller na oficina de Información da Lonxa da Casa do Concello.

No concurso poderán participar todas as nenas e nenos da cidade nados entre o 1 de xaneiro de 2000 e o 31 de decembro de 2004, ambos inclusive. O prazo de inscrición comezará o día 10 de decembro e finalizará ás 20.00 do 17 de decembro. As inscricións poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real, que se instalarán na Lonxa da Casa do Concello e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O sorteo realizarase o día 20 de decembro ás 12.00 na Casa do Concello e se escollerán 40 nenos e nenas e 15 suplentes. Os nenos que vaian na cabalgata irán disfrazados cun traxe que lles entregará o propio Concello. Se tedes pensado apuntar aos vosos nenos ao sorteo, o noso consello que non llo digades para que non leven unha decepción se logo non lles toca, trátase dunha actividade moi especial, pero con moi poucas prazas.

Consulta as bases do sorteo completas AQUÍ

  • Para calquera dúbida, contacta co Servizo de Atención Cidadá: 010
¡Compártelo!

Tags: ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑