Actividades infantiles no image

Publicado el 30 de noviembre de 2012 | por Fer Martínez

0

FEIRA, mercado de produtos tradicionais do Casco Vello de Vigo o 1 de decembro

O 1 de decembro este mercado volve á Praza da Pedra e arredores. Nos meses transcurridos é xa unha iniciativa consolidada, cunha ampla rede de participantes e público, por iso a edición de decembro aproveitarase para recoller iniciativas cidadás sobre formación e intervención en espazos públicos. Estas inquietudes volcaranse en futuras actividades como cursos de agricultura ecolóxica, protección e posta en valor do patrimonio de Vigo.

A FEIRA ocupará a Praza da Pedra e as rúas Palma, Oliva e Triunfo
O horario de inverno do mercado será de 10.00 a 19.00

Durante a xornada do sábado a asociación Patrimoniodegalicia.org terá aberto un stand informativo no que se recollerán iniciativas cidadás relacionados cos principios da entidade: os temas que interesan para cursos de formación, novos proxectos que contribúan á difusión e posta en valor do patrimonio vigués e busca de novos colaboradores. Esta sociedade, con sede en Vigo non ten ánimo de lucro. Os seus integrantes son profesionais da cultura e a ciencia, sensibles coa riqueza patrimonial cultural e natural que nos rodea.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADE DESCRICIÓN
12.00-13.00 Degustación de APEGA Cata de kiwis ecolóxicos
Postres realizados con kiwi
Entrega de recetas coa cociñeira Gloria Domeq
Obradoiro para familias “Roteiros de pintura ao natural en FEIRA”con Iván R
Obradoiro para adultos Xuntanza para ganchillar con TRICOTRÍ TRICOTRÁ
13.30-14.15 Sesión Vermú Dixie & Pixie
17.00-18.00 Obradoiro para adultos Aprende a facer Patchwork con Elisabeth Hillerud, a creadora de Singoalla
Obradoiro infantil “Obradoiro de retrato fotográfico” Ramón Avendaño
18.00-18.30 Conferencia de APEGA “A produción de horta ecolóxica para a venda” con Antonia Pereira

Información e contacto

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑