Obradoiro de obxectos decorativos de Nadal en Súbete ó Castro o 14 e 21 de decembro
O espazo para a mocidade do Monte do Castro lanza un novo obradoiro gratuíto de manualidades. Nesta ocasión a actividade está centrada nestas festas que están a chegar, así que os participantes pasarán dous días no Súbete ó Castro elaborando obxectos decorativos relacionados co Nadal con varias técnicas como poden ser a pasta de papel e o cartón pedra.
Os venres 14 e 21 de Decembro de 17.00 a 19.00
Este obradoiro está dirixido a rapaces entre 13 e 35 anos. As prazas son limitadas, para apuntarvos tedes que enviar mail a subeteocastro@vigo.org, chamar ao 986 485 541 (en horario de tarde), mandar unha mensaxe por facebook ou acudir persoalmente a Súbete ó Castro. Precisan os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e e-mail. Se es menor de idade, terás que presentar unha autorización o primeiro día de actividade.
Súbete ó Castro (Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro)
- facebook.com
- 986 485 541
- subeteocastro@vigo.org