Culturgal, feira das industrias culturais en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro
Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar que abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra esta fin de semana. Este ano contará con 70 entidades expoñendo os seus produtos e servizos na feira, máis de 300 profesionais acreditados, unha programación profesional con máis de 40 de relatores nacionais e internacionais e máis de 140 actividades para todos os públicos, a entrada é gratuíta.
Programación cultural do país para todos os públicos
Desde o venres pola mañá ata a tarde do domingo o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle actividades culturais de todo tipo: obradoiros, presentacións, proxeccións, concertos… en dúas programacións separadas, a familiar e a xeral. Podedes descargar o folleto coas dúas programacións neste enlace. Lembrade que todas as actividades son gratuitas pero algunhas necesitan inscrición, o modo de facelo ven indicado nos horarios.
Actividades para profesionais
Dentro do Culturgal, creouse un foro para profesionais da cultura pero que xa ten as súas prazas agotadas, aínda así dentro das actividades xerais hai moitas que serán moi útiles para os traballadores do sector cultural e que están abertas para todo o público. A organización da feira creo varios itinerarios en base ás ramas profesionais que toca cada actividade: xestión cultural, profesionais da música, artes escénicas, sector do libro, profesionais do audiovisual e profesionais TIC.
Culturgal, feria das industrias culturais
30 e novembro e 1 e 2 de decembro
Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n (como chegar)