Curso sobre contratación de músicos o mércores 28 de novembro en Súbete ó Castro
Na tarde do mércores día 28 estará no centro para a mocidade Súbete ó Castro estará a asociación Músicos ao Vivo impartindo un cursiño gratuito sobre contratación de músicos. Esta asociación naceu en 2008 co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e ser a voz común deste colectivo.
Este cursiño gratuíto comezará ás 17.00 e ten unha hora de duración. A asociación falará sobre o Plan de Regularización Laboral levado a cabo por Músicos ao Vivo en Galicia, sobre a lexislación vixente na contratación e tamén sobre casos concretos e especiais que se dan entre os profesionais da música. Está dirixido a todos a todos os membros deste sector que necesiten iniciarse no tema da contratación.
O 28 de novembro ás 17.00 en Súbete ó Castro
Paseo dos Cedros s/n, fronte a pista de bicicletas
- facebook.com/subeteo.castro
- 986 485 541