Semana da ciencia no Museo do Mar de Galicia, 24 e 25 de novembro
A Semana da Ciencia é un gran evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía promovido pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología O Museo do Mar de Galicia, que é o máis semellante a un museo científico que temos na cidade a celebrará esta fin de semana con visitas guiadas ao acuario que achegarán ao público ás curiosidades do mundo mariño e das súas especies.
Ademais, e por primeira vez, abrirá as portas da zona de traballo técnico onde os acuaristas desenvolven as súas tarefas diarias e fan o seguimento aos diversos exemplares que conviven no acuario. A oferta se completa cunha actividade de acuarioloxía coa que os asistentes poderán adentrarse nas profundidades desta ciencia sorprendente e aprender conceptos básicos sobre o coidado, mantemento e reproducción de especies e ecosistemas acuáticos de forma artificial e controlada.
As visitas guiadas, dunha hora de duración e cun aforo máximo de 30 persoas, terán lugar o sábado 24 e o domingo 25, en dúas sesións: ás 12:00 h. e ás 17:00 h. Os visitantes que acudan a sesión de mañá poderán tamén contemplar como os acuaristas se sumerxen no tanque para alimentar ás diversas especies.
- Para participar nestas actividades: é necesario solicitar cita previa, chamando ao teléfono 986 247 750, de martes a domingo, de 10.00 a 14.00 ou de 17.00 a 19:00.
- O público asistente deberá pagar a entrada ao museo: acuario (2€ tarifa normal e 1€ tarifa reducida -menores de 18 anos, estudantes, parados, xubilados -é preciso acreditalo- ou grupos de máis de 10 persoas)-; museo (3€ tarifa normal e 1.50€ tarifa reducida)
Semana da Ciencia no Museo do Mar os días 24 e 25 de novembro
- Avda Atlántida, 160
- 986 247 750
- museodomar.es